“Esta empresa participa no Programa Galicia Exporta Empresas 2016

 

Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Programa Galicia Exporta Empresas 2016

 

Como apoio ao proceso de internacionalización, “MARINA FISH EXPORT” ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Empresas 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial mais competitivo”.

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa

O obxectivo principal do Programa Galicia Exporta Empresas 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.”

 

MARINA FISH EXPORT

Proxecto de Investimento para Actuacións de difusión mediante o deseño, desenrolo e implantación de páxina web e tenda online financiado mediante Axudas do IGAPE para a execución de Accións de Promoción Exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

Título do proxecto:

Deseño, desenrolo e implantación de páxina web

Breve descrición do proxecto:

A empresa non contaba ata hoxe cunha páxina web onde amosarse os clientes tanto potenciais coma actuais o que supón un inconveniente xa que a empresa ten un marcado carácter exportador (superior o 70% do total das vendas). Deste xeito ve limitada a súa visibilidade e presenza na web. Para poder seguir co seu crecemento é necesario fortalecer a presenza nos países obxetivos xa que está a competir un mercado con moitas presións dende outros países. Esta páxina web a implantar, mostrará unha imaxe da empresa moderna, internacional. O obxectivo é poder posicionar a empresa en redes sociais e en motores de búsqueda no extranxeiro. Implantarase co inglés como idioma internacional.

Obxectivo do proxecto:

Modernizala imaxe da empresa, incrementar o valor da empresa no eido internacional e que sexa máis visible nos países obxectivo e incrementar o nivel de vendas globais da empresa.

Priorizalo contenido da web mediante o uso de información novedosa prestando atención as palabras clave.

Creación dun código HTML accesible para poder retener os usuarios grazas a usabilidade e rapidez.

Facilidade para a actualización da información existente na páxina para poder realizar melloras que favorezan o posicionamento.

En definitiva, o que se pretende é mellorala visibilidade da páxina web adaptándose ás variacións dos algoritmos de búsqueda para poder incrementar o número de visitas e de potenciais clientes.


De acuerdo

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte una mejor experiencia de navegación. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra Política de Cookies.